Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.957

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan para vinculación temporal once prazas nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do persoal de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Consonte o previsto no pacto subscrito entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UXT, CESM-SATSE e CSI-CSIF publicado no DOG nº 128, do 6 de xullo de 1998, sobre os sistemas de prevención de riscos laborais e de consulta e participación dos profesionais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, configurouse o Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais, coas funcións, entre outras, de coordinación das actuacións en materia de prevención de riscos laborais no ámbito das institucións sanitarias e como órgano de asesoramento e información dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde nesta materia.

O artellamento do sistema de prevención de riscos laborais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde complétase coa creación das unidades periféricas nas áreas sanitarias, unidades básicas nas actividades de prevención, co fin de garanti-la adecuada protección da seguridade e da saúde dos traballadores das institucións sanitarias do Sergas, tanto no ámbito da atención primaria como da atención especializada.

A dotación das unidades periféricas de profesionais especializados en prevención de riscos laborais iniciouse coa convocatoria de selección temporal de data 25 de xaneiro de 2001 para as unidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O obxecto da presente convocatoria é a incorporación de profesionais específicos en materia de prevención, por mor nuns casos da dispersión xeográfica dos traballadores e centros e, noutros casos, pola elevada concentración de traballadores. Por tal motivo créanse novas unidades en Cervo-Burela, Monforte-O Barco, no Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo e amplíase a unidade de Santiago de Compostela.

O proceso previsto nesta convocatoria é similar ó formalizado anteriormente para a cobertura das citadas unidades periféricas, se ben se modificou o baremo inicial, incrementándose a puntuación outorgada á experiencia profesional. A constatación de que a experiencia é un factor clave na selección para a cobertura destas prazas, tralos procesos selectivos realizados, aconsella tal modificación do baremo, e, se nalgunhas das especialidades no momento das primeiras convocatorias non se dispoñía de pro

fesionais con experiencia suficiente por tratarse de especialidades de recente implantación, logo do tempo transcorrido considérase que a experiencia é un dos elementos que debe valorarse especialmente.

Xa que logo, de conformidade coas atribucións conferidas a este centro directivo nos artigos 19 e seguintes do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas e no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos servicios centrais e periféricos do Sergas, esta división:

RESOLVE:

1º. Anuncia-la vindeira cobertura, inicialmente de se-lo caso, con carácter eventual e posteriormente con vinculación interina en praza vacante, en réxime xurídico de persoal estatutario das categorías que se detallan, para desenvolve-las funcións de nivel superior e medio en materia de prevención de riscos laborais, nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do Sergas, con sede nos centros hospitalarios das respectivas áreas sanitarias:

-Catro médicos especialistas en medicina do traballo, médicos diplomados en medicina de empresa ou médicos especialistas en medicina preventiva e saúde pública que reúna os requisitos recollidos na disposición transitoria primeira do Real decreto 1488/1998 (BOE do 17 de xullo). Un en cada unha das seguintes áreas sanitarias: Cervo-Burela (Hospital Comarcal da Costa); Monforte-O Barco (Hospital Comarcal de Monforte); Vigo (Complexo Hospitalario Xeral Cíes) e Santiago de Compostela (Hospital Clínico).

-Tres técnicos superiores, titulados universitarios e con formación na especialidade da área de hixiene industrial, formación acreditada segundo o disposto no anexo VI do Real Decreto do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27; e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104): un en cada unha das seguintes áreas sanitarias: Santiago de Compostela (Hospital Clínico); Monforte (Hospital Comarcal de Monforte) e Vigo (C.H. Xeral Cíes).

-Un técnico superior, con titulación universitaria e con formación na especialidade da área de seguridade no traballo, formación acreditada segundo o disposto no anexo VI do Real decreto do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27; e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104). Área sanitaria de Cervo-Bruela (Hospital Comarcal da Costa).

-Tres enfermeiros/as coa especialidade de enfermeiro de empresa ou que reúna os requisitos que se establecen na disposición transitoria primeira do Real decreto 1488/1998 (BOE do 17 de xullo). Un en cada unha das seguintes áreas sanitarias: Cervo-Burela (Hospital Comarcal da Costa; Monforte-O Barco (Hospital Comarcal de Monforte) e Vigo (C.H. Xeral Cíes).

2º. As retribucións que percibirán os aspirantes que resulten seleccionados serán as correspondentes ás categorías de facultativo especialista de área sanitaria e de enfermeiro respectivamente, no caso do persoal sanitario, e de técnico superior, no caso dos profesionais non sanitarios da especialidade de seguridade e hixiene no traballo. A fixación das contías reflíctense nos orzamentos anuais correspondentes ó persoal de II.SS. dependentes do Sergas.

A xornada que deberán desenvolve-los aspirantes que resulten seleccionados será a asignada ó persoal estatutario da mesma categoría, segundo a normativa aplicable ó persoal de II.SS. do Sergas.

Os aspirantes que resulten seleccionados serán sometidos a un período de proba dunha duración de seis meses para o grupo A e tres meses para o grupo B, de acordo co teor do artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de xullo de 1997 pola que se regulamentan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde. Durante a vixencia do período de proba, as partes poderán desistir libremente da vinculación, en comunicación escrita, sen alegación de causa e dereito a indemnización ningunha por tal motivo.

3º. En caso de resultar seleccionado persoal estatutario con vínculo fixo que optase ás anteditas prazas, pasará á situación de promoción interna temporal con declaración de situación especial en activo.

4º. Para tal fin convócanse os aspirantes interesados para que, no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no DOG presenten a súa solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I, e achegen con ela os xustificantes suficientemente acreditativos tanto dos requisitos esixidos coma dos méritos alegados. Fóra deste prazo non será admitida a presentación de documentación ningunha.

5º. Os aspirantes poderán optar a máis dunha das especialidades obxecto desta convocatoria, debendo neste caso achegar solicitude por cada unha delas. Só será preciso xuntar a unha destas solicitudes a documentación acreditativa dos requisitos e méritos alegados.

Así mesmo, os aspirantes que participasen con anterioridade en procesos selectivos para a cobertura de prazas da especialidade á que opte na actual convocatoria, están exentos de presenta-la documentación acreditativa que xa conste na Administración.

6º. As solicitudes serán dirixidas ó director xeral da División de Asistencia Sanitaria, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. Tamén poderán ser presentadas de acordo co establecido no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro de 1999. Presenta-la solicitude resulta requisito imprescindible para adquiri-la condición de aspirante.

7º. Para seren admitidos ó proceso selectivo, os aspirantes deberán acredita-la nacionalidade española ou a dun país da Unión Europea ou, se é o

caso, dispor de autorización para poder residir e traballar legalmente en España. Así mesmo, deberán cumpri-los requisitos que se esixen en cada un dos anexos II, III, IV e V para cada unha das prazas. De non acredita-los anteditos requisitos, o aspirante será excluído do proceso de selección.

8º. Para a selección dos aspirantes admitidos, procederase á baremación dos méritos alegados e suficientemente acreditados, de conformidade cos criterios que se determinan para cada unha das prazas nos anexos II, III, IV e V da presente convocatoria. As certificacións presentadadas polos aspirantes deberán conter descrición pormenorizada das actividades desenvolvidas por estes.

Dada a importancia que o coñecemento das institucións sanitarias ten para o desenvolvemento das actividades de prevención aplicadas a cada centro, dáse especial relevancia á experiencia profesional nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde (epígrafe III).

Así mesmo, será convocado para unha entrevista persoal na que se analizará, debaterá e valorará a memoria e o proxecto requiridos nos anexos II, III, IV e V e que deberán necesariamente presentarse no devandito prazo de solicitude. De non facelo nese prazo, o aspirante será excluído do proceso.

9ª. Para a selección dos profesionais constituirase unha comisión de baremación en cada unha das unidades periféricas (Santiago de Compostela, Burela, Monforte e Vigo) para tódalas categorías obxecto da convocatoria, composta por cinco membros designados, un deles polas organizacións sindicais asinantes do Pacto de Prevención de Riscos Laborais, e os outros catro polo órgano convocante. Ó citado órgano correspóndelle elabora-los criterios de selección.

10ª. Rematado o proceso, publicaranse pola orde de puntuación os candidatos seleccionados nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral do Sergas, das súas direccións provinciais e das xerencias das institucións sanitarias dependentes delas, no da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das súas delegacións provinciais e da Dirección Xeral de Saúde Pública. Poderá declararse deserta a convocatoria de non existir candidato idóneo de acordo co perfil establecido.

Así mesmo, poderanse excluír do proceso de selección os aspirantes que non acadaran a puntuación mínima determinada pola comisión de baremación.

Os aspirantes interesados poderán formular no prazo de 10 días hábiles, a partir do seguinte á data de publicación, reclamación perante a División de Recursos Humanos. Trala análise e resolución das reclamacións presentadas, publicarase a lista definitiva.

11ª. Dos aspirantes seleccionados vincularase o que acade a maior puntuación. En caso de renuncia ou doutra causa pola que sobreveña a vacante da praza, seleccionarase o seguinte aspirante de acordo co seu número de orde.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos

Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO II

Requisitos e baremo de méritos para a selección de médicos para ocupar temporalmente catro prazas de facultativos nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do Sergas.

Requisitos:

-Licenciado en medicina e cirurxía especialista en medicina do traballo.

-Ou licenciado en medicina e cirurxía con diploma de médico de empresa.

-Ou licenciado en medicina e cirurxía, especialista en medicina preventiva e saúde pública que reúnan os requisitos recollidos na disposición transitoria primeira do Real decreto 1488/1998, do 10 de xullo de 1998, de adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais á Administración Xeral do Estado (BOE nº 170, do 17 de xullo).

Baremo méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 3,5 puntos:

1ª. Estudios licenciatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª. Posgrao:

* Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

* Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos.

II. Outras especialidades.

Pola titulación de especialista noutra especialidade legalmente recoñecida distinta á de medicina do traballo: 1,5 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Servicios prestados como médico na área de prevención de riscos e saúde laboral nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

2. Servicios prestados como médico na área de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias privadas.

3. Servicios prestados como médico na área de prevención de riscos e saúde laboral noutras administracións públicas ou empresas privadas.

4. Experiencia profesional como médico en área ou actividade distinta á anterior nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada epígrafe en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados ou funcións desenvolvidas na materia, o perfil do posto requirido e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada:

1º. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación nos que a materia impartida teña relación directa coas funcións dos servicios de prevención de riscos laborais. Máximo 8 puntos.

* Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

* Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º. Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos:

* Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Valoración do proxecto e da memoria na entrevista:

Presentarase unha memoria na que se exporán sucintamente os obxectivos de actividade dun facultativo nun servicio periférico de prevención con ámbito de área sanitaria nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto das actuacións que se van desenvolver como facultativo dese servicio nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada perante a comisión de baremación que se constitúa. Tal comisión estará integrada por membros da administración sanitaria e un representante das organizacións sindicais. A entrevista será valorada cun máximo de 10 puntos.

VI. Coñecementos da lingua galega:

A puntuación máxima deste epígrafe será de 1,5 puntos.

1º. Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º. Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.

ANEXO III

Requisito e baremo de méritos para a selección de técnicos en hixiene industrial para ocupar temporalmente tres prazas de técnico superior da especialidade nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do Sergas.

Requisitos:

1. Titulado universitario (licenciado ou diplomado).

2. Formación acreditada na especialidade da área de hixiene industrial segundo o anexo VI do Real decreto de servicios de prevención, do 17 de xaneiro de 1997, e Real decreto 780/1998, do 30 de abril polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27 e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

Baremo méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 3,5 puntos:

1º. Estudios licenciatura ou diplomatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2º. Posgrao:

Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos.

II. Titulacións específicas:

Pola posesión das titulacións específicas seguintes cun máximo de puntuación neste epígrafe de 5 puntos:

A) Licenciado en ciencias físicas: 5 puntos.

B) Licenciado en química: 5 puntos.

C) Licenciado en farmacia: 5 puntos.

D) Licenciado en bioloxía: 5 puntos.

E) Enxeñeiro técnico químico: 3 puntos.

III. Experiencia profesional:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Servicios prestados como técnico especialista en hixiene industrial en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

2. Servicios prestados como técnico especialista en hixiene industrial en institucións sanitarias privadas.

3. Servicios prestados como técnico especialista en hixiene industrial noutras administracións públicas ou empresas privadas.

4. Servicios prestados noutra categoría ou posto de traballo de prevención de riscos laborais nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada epígrafe en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados na materia ou funcións desenvoltas, o perfil do posto requirido, e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada:

1. Pola asistencia debidamente acreditada a cursos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Máximo 8 puntos.

* Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

* Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º. Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos

* Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Valoración do proxecto e da memoria na entrevista:

Presentarase unha memoria na que se exporán sucintamente os obxectivos de actividade dun técnico superior en hixiene industrial nun servicio periférico de prevención con ámbito de área sanitaria en un máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto das actuacións a desenvolver como técnico dese servicio, nun máximo de tres caras escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada perante a comisión de baremación. Tal comisión estará integrada por membros da administración sanitaria e un representante das organizacións sindicais. A entrevista será valorada cun máximo de 10 puntos.

VI. Coñecementos da lingua galega:

A puntuación máxima deste apartado será de 1,5 puntos.

1º. Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º. Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.

ANEXO IV

Requisitos e baremo de méritos para a selección de técnicos en seguridade no traballo para ocupar temporalmente unha praza de técnico superior da especialidade nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do Sergas.

Requisitos:

1. Titulado universitario (licenciado ou diplomado).

2. Formación acreditada na especialidade da área de seguridade no traballo segundo o anexo VI do Real decreto de servicios de prevención do 17 de

xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998 do 30 de abril polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27 e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

Baremo méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 3,5 puntos:

1ª. Estudios licenciatura ou diplomatura:

Cada matrícula de honor: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª. Posgrao:

* Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

* Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos.

II. Titulacións específicas:

Pola posesión das titulacións específicas que se relacionan, coa puntuación máxima de 5 puntos:

A) Enxeñeiro industrial: 5 puntos.

B) Arquitecto: 5 puntos.

C) Enxeñeiro técnico industrial: 3 puntos.

D) Arquitecto técnico: 3 puntos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Servicios prestados como técnico especialista en seguridade no traballo nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

2. Servicios prestados como técnico especialista en seguridade no traballo en institucións sanitarias privadas.

3. Servicios prestados como técnico especialista en seguridade no traballo noutras administracións públicas ou empresas privadas.

4. Servicios prestados noutra categoría ou posto de traballo de prevención de riscos laborais nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada epígrafe en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados ou funcións desenvolvidas na materia, o perfil do posto requirido e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada:

1º. Pola asistencia debidamente acreditada a cursos relacionados coa materia de prevención de riscos e saúde laboral: puntuación máxima de 8 puntos.

* Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

* Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º. Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos:

* Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Valoracion do proxecto e da memoria na entrevista:

Presentarase unha memoria na que se exporán sucintamente os obxectivos de actividade dun técnico superior en seguridade no traballo nun servicio periférico de prevención con ámbito de área sanitaria nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto das actuacións que se van desenvolver como técnico dese servicio nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada perante a comisión de baremación. Tal comisión estará integrada por membros da Administración sanitaria e un representante das organización sindicais, que será valorada cun máximo de 10 puntos.

VI. Coñecementos da lingua galega:

A puntuación máxima deste epígrafe será de 1,5 puntos.

1º. Pola realización do curso de iniciación á lingua galega 0,5 puntos.

2º. Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega 1,5 puntos.

ANEXO V

Requisitos e baremo de méritos para a selección de enfermeiro/a de empresa para ocupar temporalmente tres prazas desta categoría nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do Sergas.

Requisitos:

1. Diplomado universitario.

2.enfermeiro coa especialidade de enfermeiro de empresa, ou enfermeiro que reúna os requisitos que se establecen na disposición transitoria primeira do Real decreto 1488/1998 (BOE do 17 de xullo).

Baremo méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 3,5 puntos:

1ª. Estudios diplomatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

II. Titulacións específicas:

Pola acreditación de especialidade ou diplomatura de fisioterapeuta e/ou calquera outra especialidade legalmente recoñecida: 1,5 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Servicios prestados como enfermeiro na especialidade de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

2. Servicios prestados como enfermeiro na especialidade de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias privadas.

3. Servicios prestados como enfermeiro na especialidade de prevención de riscos e saúde laboral noutras administracións públicas ou empresas privadas.

4. Servicios prestados como enfermeiro en área ou actividade distinta á anterior nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada epígrafe en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados na materia ou funcións desenvoltas, o perfil do posto requirido e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada:

1. Pola asistencia debidamente acreditada a cursos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Máximo 8 puntos.

* Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

* Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º. Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos:

* Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Valoración do proxecto e da memoria na entrevista:

Presentarase unha memoria na que se exporán sucintamente os obxectivos de actividade dun enfermeiro nun servicio periférico de prevención con

ámbito de área sanitaria nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto das actuacións para desenvolver como enfermeiro dese servicio nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada perante a comisión de baremación. Tal comisión estará integrada por membros da Administración sanitaria e un representante das organizacións sindicais. A entrevista será valorada cun máximo de 10 puntos.

VI. Coñecementos da lingua galega:

A puntuación máxima deste epígrafe será de 1,5 puntos.

1º. Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º. Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.