Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.956

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de novembro de 2001 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais, anunciada por Orde do 24 de setembro de 2001.

Convocada por Orde do 24 de setembro de 2001 (DOG número 201, do 17 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun

posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 24 de setembro de 2001 (DOG número 201, do 17 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laboarais

ANEXO I

NRP: 3324069224A2051.

Apelidos e nome: Cabanas Carlín, María del Carmen.

Grupo: B.

Corpo/escala: xestión.

Código do posto: XUC070000015770033.

Denominación: Servicio Xurídico e de Solución de Conflictos.

Nivel: 28A.

Dependencia: Consello Galego de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.