Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.964

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (444/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 444/2001 seguidos por instancia de María del Carmen Castro Bravo contra Fisteus, S.A. e Hostal Montesalgueiro, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 24-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di asi:

Que estimando a demanda formulada por María del Carmen Castro Bravo, contra as empresas Fisteus, S.A. e Hostal Montesalgueiro, S.L. condénoas solidariamente a aboarlle a cantidade de 438.900 pesetas, que lle deben en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese á empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 444-2001 do BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000

pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma Hostal Montesalgueiro, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado