Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (699/2000).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Herminio García García, se dictou a resolución do seguinte teor literal.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Dada conta, visto o estado que manteñen estas actuacións, acórdase sinalar para que teñan lugar os actos de conciliación e xuízo o vindeiro día 28 de novembro, ás 9.50 horas.

Cítese a demandada Soluciones Constructivas Galegas, S.L., na persoa de José Aceituno Ortega, tal e como quedou acordado na acta do xuízo do 20 de xuño de 2001, mediante entrega da copia da demanda e demais documentos que se lle xuntan. Cítese tamén co obxecto de realiza-la proba de interrogatorio de parte proposta. Requírase para que presente a documentación solicitada no outrosí da demanda. Cítese o Fogasa, tal e como se acordou.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días perante este mesmo xulgado.

Así o acorda, manda e asina S.Sª., do que dou fe.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de citación a xuízo e a interrogatorio de parte, notificación e requirimento a José Aceituno Ortega, administrador da empresa Soluciones Constructivas Galegas, S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado