Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (449/2001).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre despedimento, por instancia de Carmen Chico Turnes, se dictou a resolución do seguinte teor literal:

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2001.

Dada conta, visto o estado que manteñen estas actuacións, acórdase sinalar para que teñan lugar os actos de conciliación e xuízo o vindeiro día 19 de decembro, ás 10.15 horas, os cales se realizarán na sala de audiencia deste xulgado, sita no primeiro piso do pazo de xustiza, sito na rúa Viena s/n desta cidade.

Cítense as partes en legal forma ó dito acto. Cítese a demandada O'Forno d'Aboa, S.L., por edictos a través do Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que se libre oficio á Garda Civil de Brión, co fin de que descubran o seu paradoiro. A copia da demanda e demais documentos quedan na secretaría deste xulgado á disposición da demandada. Fánselle-las seguintes advertencias ás partes:

a) Pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante por medio de comparecencia ante este xulgado, ou perante o de Primeira Instancia ou de Paz do seu domicilio.

b) A realización deste acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores, e poden substituí-la representación ou a defensa consonte as leis.

c) Terase por desistido o demandante se non comparece.

d) Os litigantes ou quen os represente teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

e) O demandado que intente valerse de avogado, graduado social ou procurador deberá poñelo en coñecemento deste xulgado por escrito, dentro das 48 horas seguintes á citación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días perante este mesmo xulgado.

Así o acorda, manda e asina S.Sª., do que dou fe.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de citación a xuízo e a interrogatorio de parte, notificación e requirimento a O'Forno d'Aboa, S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 25 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado