Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de outubro de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00296-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números

que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este servicio de informes e recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

da Dirección Xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00296-I-2001

Obstrucción.

3325183846L45100492

Revi de Autobuses, S.L.

Avda. García Barbón, 101,

36201 Vigo (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 22-5-2001, foi requirida a empresa Revi de Autobuses, S.L., para que no prazo de 10 días, contados desde a recepción do requirimento, remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos pertencentes a esa empresa, do período comprendido entre o 2 e o 17 de abril de 2001, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios, nos vehículos durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante de receptor a recepción do requirimento tivo lugar o 26-5-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

18-7-2001; 14.02.19

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas