Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo (código 2700335), asinado o día 25 de xaneiro de 2001, pola representación da Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais da provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (50%) e CC.OO. (1,7%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 19 de febreiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes.

Pola parte empresarial:

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Lugo.

María Novoa Souto.

Raquel Novoa Souto.

José Romero García.

Pedro Montero Fernández.

Félix Valderrey de la Huerga.

Luis Quintana Pequeño.

Manuel Martínez Crende.

Julio Rodríguez Lombardía.

Polas centrales sindicais:-UGT (50%).

Julia López Real.

María Ferreiro Ferreiro.

Ana Fernández González.

María Castro Arias.

Isaura Castrillón López.

Celia López Mondelo.

Emilio Valcárcel Rodríguez.

Manuel Lorenzo Fernández (asesor).

Mª Nieves Gil Rodríguez (asesora).

Juan Carlos Araujo Rodríguez (asesor).-CC.OO. (1,7%).

Covadonga Viamonte Aguiar.

Anselmo Sampedro Ania (asesor).

En Lugo, sendo as 17 horas do día 25 de xaneiro de 2001, reúnense nos locais da CEL (praza de Santo Domingo, 6-8, 2º, Lugo), as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, adoptándose, logo de amplos debates, os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo e as táboas salariais anexas, para o que as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remiti-lo texto e táboas salariais anexas do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

Faise constar que os representantes da central sindical CIG, por decisión adoptada en asamblea dos traballadores convocada para o efecto, decidiron non asina-lo convenio.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde a presente acta, que os asistentes asinan en proba de conformidade, no lugar e data indicados no encabezamento.

María Novoa Souto.

Raquel Novoa Souto.

José Romero García.

Pedro Montero Fernández.

Félix Valderrey de la Huerga.

Luis Quintana Pequeño.

Texto articulado do convenio colectivo provincial

de limpeza de edificios e locais de Lugo

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios nas empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais que realizan os seus traballos na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social das empresas radique noutra provincia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio iníciase o 1 de xaneiro de 2000 e remata o 31 de decembro do 2002. Chegado o final da vixencia, estimarase prorrogado tacitamente de ano en ano, se non media denuncia dunha das partes, que terá que formularse cunha antelación mínima de dous meses respecto da data de expiración do prazo de vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante, a denuncia do convenio non significa modificación ningunha na aplicación do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extraordinarias,

licencias e contratación eventual

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2001, nun máximo de 39 horas e 30 minutos semanais, efectivas de traballo, para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

A partir do 1 de xaneiro de 2002 a xornada laboral establécese nun máximo de 39 horas semanais efectivas de traballo para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

Supoñendo tal xornada unha reducción con respecto á vixente nos anos 2000 e 2001, a empresa, exclusivamente para os efectos de aplicar tal reducción procederá a aplicala.

Cando a dita reducción se comunique por escrito ó traballador afectado, entregarase unha copia de tal comunicación á representación dos traballadores con carácter previo á reducción.

En ningún caso a reducción da xornada que se pacta por medio do presente convenio suporá con carácter xeral un incremento da xornada para aqueles traballadores/as que presten o seu servicio con xornada parcial, procedéndose nestes casos á reducción proporcional da xornada en función da porcentaxe de prestación de servicios.

Os días 24 e 31 de decembro e o Sábado Santo consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable. Nembargantes, nos casos que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servicios de limpeza, o persoal que presta servicios nestes centros de traballo virá obrigado a realizar un servicio mínimo nas seguintes condicións: a xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os labores antes das 18 horas. Nestes casos a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben economicamente a través do complemento de traballo en domingos e festivos previsto no artigo 16, bis do presente convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que desenvolvan, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Artigo 4º.-Descansos.

Todo traballador que en cómputo semanal realice 39 horas e 30 minutos de traballo efectivo durante os anos 2000 e 2001 e 39 horas de traballo efectivo durante o ano 2002, terá dereito a quince minutos de descanso, computable para tódolos efectos como tempo de traballo.

O dito descanso gozarase da seguinte maneira:

A) Persoal en quenda de mañá: entre as 11 e as 11.15 horas.

B) Persoal en quenda de tarde: entre as 18 e as 18.15 horas.

C) Persoal cunha xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente: nos quince minutos seguintes á metade da xornada.

D) Persoal en xornada de mañá e tarde: nos quince minutos seguintes á metade do horario de mañá.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días e serán gozadas entre os meses de maio e setembro, salvo petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas terá dereito a gozar no dito ano un número de días proporcional ó tempo de servicio.

Cando un traballador preste servicios para dous ou máis empresas, deberán éstas poñerse de acordo sobre a data de desfrute do período vacacional. No caso de discrepancia reunirase, preceptivamente, a comisión de vixilancia do convenio prevista na disposición derradeira primeira.

O persoal deberá concretar antes do fin do mes de febreiro a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios dela, antes do 1 de abril, a relación definitiva de quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso, e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta de datas de goce, entre os traballadores, sempre que non haxa problemas de tipo organizativo.

Durante o período de vacacións non se percibirá o sobresoldo de transporte nin o sobresoldo de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Soamente se realizarán motivadas por forza maior ou as estructurais, entendendo por tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retributivos e polo tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

Atenderase ó establecido na ordenanza laboral do sector e Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando coa suficiente antelación e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos:

A) 18 días naturais en caso de matrimonio.

B) 2 días naturais por cambio de domicilio.

C) 3 días naturais por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de relevancia de parente por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao. Se o feito ocorrese noutra provincia, o permiso ampliarase a dous días naturais máis.

D) Polo tempo necesario ata un máximo de 16 horas anuais para asistir a consulta médica, podéndose fraccionar estas ausencias.

E) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

F) 5 días, sen retribuír, para asuntos propios para o ano 2000 e 4 días sen retribuír e 1 día retribuído, para asuntos propios, a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 8º.-Excedencias.

1. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria

por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, contado desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

O período de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para os efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación nos cales deberá ser convocado polo empresario. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

3. Tamén poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerciten funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

4. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual o similar categoría á súa que se producisen na empresa, agás no caso de excedencia por coidado de fillo menor durante o primeiro ano de excedencia e nos casos de excedencia forzosa.

Artigo 9º.-Contratación laboral.

A) No uso da posibilidade prevista no artigo 1, número 4º do Real decreto lei 8/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

B) A partes asinantes acordan que, nos supostos de conversión en indefinido dos contratos de traballo por tempo determinado regulados no Real decreto lei 8/1997 e Lei 63/1997, se fará constar obrigatoriamente no modelo de contrato as seguintes cláusulas:

1. O centro ou centros de traballo no que o traballador presta os seus servicios.

2. Que no caso de producirse un despedimento por causas obxectivas declarado improcedente, a indemnización que, se é o caso, se aboará ó traballor/a será a razón de corenta e cinco días de salario por ano de servicio, rateándose por meses

os períodos de tempo inferiores a un ano e ata un máximo de corenta e dúas mensualidades.

Capítulo III

Mellora das condicións de traballo

Artigo 10º.-Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que esixa menos esforzo físico que o que vén realizando habitualmente, se iso fose posible e existise o dito posto de traballo. Calquera traballadora embarazada non estará obrigada en ningún caso a desenvolve-las súas funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o embarazo.

Artigo 11º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal comprendido no presente convenio colectivo terá dereito a unha revisión médica anual a cargo da empresa, ben a través da mutua de accidentes de traballo ou o gabinete de seguridade e hixiene no traballo. Os recoñocementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades do sector e, serán efectuados sempre que sexa posible, dentro da xornada laboral facendo entrega do resultado do recoñocemento médico ó/á traballador/ra.

Pola súa parte, os traballadores virán obrigados a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoñan as empresas a cargo delas, tanto en situación activa coma en situación de IT ou análoga.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo de obrigado cumprimento a entrega anual de dous uniformes e calzado. Así mesmo, entregaranse luvas, calzado e roupas de auga ós/ás traballadores/as que presten servicios en exteriores. Nestes casos, o traballador/a virá obrigado ó correcto emprego de tales pezas.

Capítulo IV

Adscrición de persoal

Artigo 13º.-Adscrición de persoal.

Primeiro.-Supostos de subrogación:

a) Cando a empresa na que se viñese realizando o servicio de limpeza a través dun contratista tome ó seu cargo directamente o dito servicio, non estará obrigada a continuar co persoal que viñese prestando servicios ó contratista concesionario, se a limpeza se ha realizar cos traballadores do seu cadro de persoal e, polo contrario, deberá incorporalos á mesma (subrogación) se, para o referido servicio de limpeza, debera contratar novo persoal.

Cando a empresa principal rescinda o servicio de limpeza a un contratista e tome ó seu cargo o dito servicio por tempo non superior a seis meses, si se probase fidedignamente que os servicios se reiniciaron por un novo contratista antes de transcorridos os seis meses referidos, non desaparecerá o

carácter vinculante deste artigo, tendo o persoal da empresa saínte dereito a ser adscrito polo novo contratista desde o momento en que este tivese coñecemento do interese dos traballadores na adscrición.

Para os efectos previstos neste punto, as empresas de limpeza incluirán nos contratos de arrendamento de servicios de limpeza que formalicen coa empresa principal unha cláusula ou estipulación pola que ámbalas partes contratantes se obriguen ó cumprimento desde punto.

b) Cando se produza un cambio de contratista na concesión do servicio de limpeza, o persoal que desenvolvese a súa xornada laboral, total ou parcialmente nun determinado centro de traballo ou contrata, pasará, ó vencemento da concesión, á nova adxudicataria de tal servicio calquera que fose a súa vinculación xurídico-laboral coa empresa cesante, sempre que tivese no centro de traballo unha antigüidade mínima de seis meses.

Nos casos previstos neste punto, a nova adxudicataria subrogarase en tódolos dereitos e obrigas da empresa saínte con respecto a:

1. Categoría profesional, antigüidade, xornada, horario e centro de traballo.

2. Prestacións de Seguridade Social, tales como a situación na que os traballadores subrogados estivesen dados de alta nesta, tales como a consideración de traballadores a xornada completa, por ser alta cun contrato a tempo parcial superior a 2/3 da xornada antes do 8 de decembro de 1993 ou a consideración de traballadores con xornada inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes con dereito á totalidade das prestacións.

Segundo.-O dereito de subrogación cando proceda segundo o establecido nos puntos primeiro e segundo deste artigo, abrangue os seguintes casos:

a) Persoal en activo.

b) Persoal que no momento do cambio ou rescisión da concesión do servicio de limpeza se atopen en situación de IT, excedencia, servicio militar ou situación análoga.

c) Persoal con contrato de interinidade que se atope sustituíndo persoal con dereito a subrogación, ata o momento da incorporación destes.

Se por esixencias do cliente tivese que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, este será incorporado pola empresa entrante.

Terceiro.-No suposto de producirse a adscrición do persoal establecida nos puntos primeiro e segundo do presente artigo, ela producirase nas seguintes condicións:

a) A nova empresa adxudicataria comunicará á empresa saínte, de xeito fidedigno, se-la nova adxudicataria do servicio de limpeza.

b) A empresa saínte virá obrigada a comunicar á empresa entrante ou nova adxudicataria o seu cesamento no servicio, así como a relación nominal do

persoal que debe ser absorbido, incluíndo os traballadores que, por atopárense en situación de suspensión do contrato de traballo, eventualmente, puidesen chegar a insta-la súa reincorporación ó mesmo posto de traballo que ocupaban anteriormente.

Igualmente deberán pór no seu coñecemento, no prazo de 48 horas, as condicións laborais do dito persoal (categoría profesional, antigüidade, xornada, horario, prestacións da Seguridade Social, incluído o disposto no punto primeiro do presente artigo, punto 2, etc.).

c) A requirimento da nova empresa adxudicataria, a empresa saínte estará obrigada a acreditar documentalmente que se atopa ó día das súas obrigas respecto do persoal transvasado, mediante a exhibición das liquidacións finais e as nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondente ós tres últimos meses.

Cuarto.- O persoal que viñese prestando servicios en dous ou máis centros ou contratas, deberá pasar á situación legal de pluriemprego cando, con ocasión do cambio de titularidade dunha delas, tivese que chegar a depender de dous ou máis empresarios.

Quinto.-De ningún modo se producirá a adscrición do persoal no suposto do contratista que realice a primeira limpeza e non teña subscrito contrato de mantemento.

Sexto.-O presente artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás cales vincula (empresario principal, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador), substituíndo integramente o artigo 13 da ordenanza laboral do sector.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 14º.-Salario.

Os incrementos salariais pactados no presente convenio responden a unha dobre finalidade:

a) Non incrementa-las diferencias existentes na actualidade entre as táboas salariais do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo e as táboas salariais do convenio colectivo para o mesmo sector da provincia de Ourense, para o que as partes se comprometen a incrementa-las táboas do presente convenio durante os tres anos de vixencia pactada na mesma contía, como mínimo, que o incremento pactado en pesetas para a categoría de limpador/a do convenio colectivo da provincia de Ourense para cada período.

b) Diminuí-las diferencias existentes na actualide entre as táboas salariais do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais da provicia de Lugo e as táboas salariais do convenio para o mesmo sector da provincia de Ourense, razón pola que se pacta un incremento por encima do referido na alínea a) para cada ano de vixencia do convenio.

Para os efectos referidos nos parágrafos anteriores, páctanse os seguintes incrementos salariais:

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2000. Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio, con efectos desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2000, os traballadores afectados percibirán os salarios establecidos na táboa anexa, que reflicte os seguintes incrementos:

* Un 1% sobre as táboas salariais do ano 1999 por aplicación da revisión prevista no artigo 14, parágrafo terceiro do convenio anterior, vixente desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1999.

* Sobre as táboas resultantes da revisión anterior, un 2,416%, tanto por cento co que, para a categoría de limpador/a, se alcanza para o ano 2000 o incremento lineal pactado no convenio de Ourense para o ano 2000 para a categoría de limpador/a.

* Así mesmo, aplícase un incremento de 8.000 pesetas anuais, co fin de obter un achegamento entre as táboas salariais do convenio de Lugo e as do convenio de Ourense, contía que irá incrementa-lo sobresoldo de transporte.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001. Durante o segundo ano de vixencia deste convenio, con efectos desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001, os traballadores afectados percibirán os salarios recollidos na táboa salarial anexa, resultantes de aplicar sobre as táboas salariais do ano 2000 os seguintes incrementos:

* O tanto por cento necesario para alcanza-lo incremento lineal pactado no convenio colectivo de Ourense para o ano 2001 para a categoría de limpador/a, resultando para estes efectos un incremento salarial do 4,737% sobre os salarios do ano anterior.

* Así mesmo, aplícase un incremento de 10.000 pesetas anuais, co fin de obter un achegamento entre as táboas salariais do convenio de Lugo e as do convenio de Ourense, contía que irá incrementa-lo sobresoldo de transporte.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002. Durante o terceiro ano de vixencia deste convenio, con efectos desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002, os traballadores afectados percibirán os salarios resultantes de aplicar sobre as táboas salariais do ano 2001 os seguintes incrementos:

* O tanto por cento necesario para alcanza-lo incremento lineal pactado no convenio colectivo de Ourense para o ano 2002 para a categoría de limpador/a.

* Así mesmo, aplícase un incremento de 12.000 pesetas anuais, co fin de obter un achegamento entre as táboas salariais do convenio de Lugo e as do convenio de Ourense, contía que irá incrementa-lo sobresoldo de transporte.

Para estes efectos, a comisión negociadora do presente convenio reunirase tan pronto como se constate o incremento salarial do convenio colectivo do sector

de limpeza de edificios e locais de Ourense para o ano 2002 para a sinatura e posterior publicación das táboas salariais vixentes para o período que vai desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002.

Se na data do 30 de abril de 2002 non se coñece o incremento salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais de Ourense, a comisión negociadora do presente convenio reunirase para a sinatura e posterior publicación das táboas salariais para o ano 2002 aplicando para estos efectos sobre as táboas do ano 2001 o IPC previsto polo Goberno para o ano 2002 e incrementando o sobresoldo de transporte en 12.000 pesetas anuais.

Da mesma forma, volverá a reunirse a comisión negociadora do presente convenio tan pronto como se coñeza o incremento salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais de Ourense para os efectos de revisa-las táboas salariais do 2002 previamente publicadas en función do IPC previsto polo Goberno.

Os importes totais que representan os incrementos citados nos tres anos de vixencia pactada, coa excepción das contías que incrementan só o sobresoldo de transporte, distribuiranse da seguinte forma: 80% ó soldo base, 10% ó sobresoldo de transporte e 10% ó sobresoldo de asistencia.

Artigo 15º.-Sobresoldo de asistencia.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 2000, a cantidade de 241 pesetas por día de traballo efectivo. Para o ano 2001 o sobresoldo de asistencia será de 265 pesetas por día de traballo efectivo.

Artigo 16º.-Sobresoldo de transporte.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 2000, a cantidade de 290 pesetas por día efectivo de traballo, con independencia dos medios de transporte ou distancia que, en cada caso, existan entre o centro de traballo e o domicilio respectivo. Para o ano 2001 o sobresoldo de transporte será de 350 pesetas por día de traballo efectivo.

Artigo 17º.-Sobresoldo tóxico, penoso e perigoso.

Canto á regulación deste concepto e o seu aboamento, atenderase ó disposto na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 18º.-Sobresoldo de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán por este concepto durante o ano 2000 a mesma contía que viña establecida no convenio anterior, 1.700 pesetas por cada domingo ou día festivo no que realicen xornada laboral.

Os traballadores percibirán, a partir do 1 de xaneiro de 2001, a cantidade de 1.850 pesetas como compensación por cada domingo ou día festivo no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo o presente convenio, puideran corresponderlles.

A cantidade referida será de 2.000 pesetas a partir do 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 19º.-Sobresoldo de nocturnidade.

O incremento por traballo nocturno consistirá nun 25% do salario base, regulamentándose polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 20º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servicios prestados na mesma empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ó 4% do salario base.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laborable anterior ó 25 de xullo e 22 de decembro, respectivamente. As ditas pagas serán percibidas na contía de 30 días do salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Nembargantes, aquelas empresas que veñan empregando o devengo semestral haberán de especificar nas nóminas relativas ás gratificacións extraordinarias o emprego de tal devengo.

Artigo 22º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días.

Será percibida durante o primeiro trimestre do ano, de acordo con salario base, máis antigüidade vixente ó 31 de decembro do ano anterior.

O tempo en que o traballador/a permanezca en situación de IT será tido en conta como tempo de traballo efectivo con respecto ó devengo da paga de beneficios.

Artigo 23º.-Anticipos.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a anticipos á conta do seus salarios cunha antelación mínima de 48 horas á data de pagamento. A este respecto, a mesma queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

Os desprazamentos a centros de traballo distintos do habitual e que non supoñan traslado producirá a favor dos/as traballadores/as que os efectúen unha axuda de custo diaria do 55% do salario base da súa categoría profesional se isto os obriga a efectuar unha soa comida fóra do seu domicilio. Se tal circunstancia motivou efectuar dúas comidas fóra do domicilio, a axuda de custo diaria será do 100% do salario base e, no suposto en que se efectúe comida e pernoita fóra do domicilio, a citada contía será do 150% do salario base.

Artigo 25º.-Pagamento de nómina.

As empresas deberán aboar dentro dos seis primeiros días hábiles de cada mes os salarios devengados no mes anterior.

Artigo 26º.-Persoal de xornada limitada.

Os traballadores contratados por xornada inferior á ordinaria do sector gozarán, como mínimo, de iguais salarios e demais percepcións económicas cós traballadores contratados a tempo completo, ben que na proporción correspondente á xornada que realicen.

Para os efectos de facilitar que os/as traballadores/as a xornada parcial que presten servicios nun centro de traballo no que se amplíe a xornada vexan incrementada a súa xornada laboral, a empresa non terá que recoñecer con respecto á nova xornada entón ampliada e, polo tanto, aboar, a antigüidade que os/as traballadores/as tivesen recoñocida polo resto da xornada.

Terán, non obstante, os demais dereitos que a lei e o presente convenio recoñecen ós traballadores a tempo completo.

Artigo 27º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das súas partes fose declarada sen efecto pola xurisdicción competente, deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 28º.-Complemento de IT.

Contémplanse dous supostos:

a) No caso de hospitalización, calquera que sexa a súa causa, o traballador, logo de xustificación correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, mentres dure esta.

Así mesmo, no caso de intervención cirúrxica con hospitalización mínima de 48 horas, o/a traballador/a percibirá no período de convalecencia cunha duración máxima de 120 días naturais un complemento ata o 100% do salario de convenio máis antigüidade.

b) O traballador que cause baixa por accidente laboral, incluído o accidente laboral in itinere, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, desde o primeiro día da baixa e mentres dure esta.

Artigo 29º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o/a traballador/a cause baixa na empresa seralle aboada a liquidación de salarios que legalmente lle corresponda.

2. As empresas aboarán ós traballadores que, tendo a idade que seguidamente se expresa, causen baixa na empresa pola súa vontade, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia:

-Ós sesenta anos: 275.000 pesetas.

-Ós 61 anos: 240.000 pesetas.

-Ós sesenta e dous anos: 200.000 pesetas.

-Ós sesenta e tres anos: 170.000 pesetas.

As cantidades mencionadas establécense para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán percibidas proporcionalmente ó tempo contratado.

Capítulo VI

Acción sindical

Artigo 30º.-Dereitos sindicais.

Atenderase ó disposto no vixente Estatuto dos traballadores e a Lei de liberdade sindical.

Os delegados de persoal, pertencentes a empresas afectadas polo presente convenio, gozarán, como mínimo, dun crédito de 15 horas sindicais mensuais retribuídas para tódolos efectos. Non obstante, se as ditas horas foran insuficientes para cubrir dúas xornadas de traballo, ampliaríase a licencia ás horas que comprende estas dúas xornadas. Quedan excluídas destas horas as empregadas polos delegados de persoal para a asistencia á negociación colectiva deste sector.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión de vixilancia.

Desígnase unha comisión paritaria mixta que intervirá nas cuestións que suscite a aplicación do presente convenio e que estará integrada polos seguintes membros:

-En representación das empresas: os presentes na sinatura do convenio (6 membros).

-En representación dos traballadores: os presentes na sinatura do convenio (5 de UGT e 1 de CC.OO.).

A dita comisión terá o seu domicilio en Lugo, Ronda da Muralla, número 58.

Segunda.-Normas subsidiarias.

No non previsto neste convenio, atenderanse ó disposto no Estatuto dos traballadores, ordenanza de traballo do sector e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles que as veñen gozando, sen que se poida interpretar sobre as chamadas condicións máis beneficiosas, haxa de computarse a mellora económica que supón o presente convenio, salvo que se pacte expresamente.

Cuarta.-Ámbalas partes someten o acordado á posible negociación dun convenio colectivo de ámbito territorial de Galicia.

Quinta.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan o sector de limpeza, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, coma nos que se poden programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacionalmente coma regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativas e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outra funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Sexta.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor de todos e cada un dos traballadores por un capital de:

-Morte ou invalidez total: 2.750.000 pesetas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 3.000.000 de pesetas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral, incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles corresponden ós traballadores en virtude da lexislación laboral vixente.

Todos aqueles traballadores que realicen menos de 1/2 xornada terán como capitais asegurados o 50% dos expresados anteriormente.

Séptima.-Cota sindical.

Os traballadores poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical. Esta solicitude deberá realizarse por escrito no que conste a central sindical e o número de conta bancaria da mesma

onde a empresa teña que ingresa-las cotas retidas ós seus afiliados.

Disposicións adicionais

Primeira.-Normalización lingüística.

As partes asinantes do convenio comprométense a emprega-lo idioma galego como medio de expresión nas súas relacións laborais.

Segunda.-Atrasos.

As empresas comprométense a paga-los atrasos xerados no prazo de dous meses desde a publicación

deste convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

Única.-As partes asinantes do presente convenio se comprometen a crear unha comisión técnica paritaria integrada por 5 membros de cada parte asinante co cometido de estudiar e buscar unha fórmula de consenso en materia de establecer un réxime alternativo ó complemento de antigüidade previsto no artigo 20 do convenio co fin de favorecer e consolida-la contratación e o emprego no sector.

Táboas salariais 2000 (pesetas)

Categoría profesionalSoldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extrasComplemento

transporte

Complemento

asistencia

Total devengado

Grupo I-Subgrupo 1º

Persoal directivo

Director124.3151.491.780372.94579.46066.0342.010.219

Director comercial118.5151.422.180355.54579.46066.0341.923.219

Director administrativo118.5151.422.180355.54579.46066.0341.923.219

Xefe de persoal118.5151.422.180335.54545.18138.6051.923.219

Xefe de compras118.5151.422.180355.54579.46066.0341.923.219

Xefe de servicios118.5151.422.180355.54579.46066.0341.923.219

Grupo I-Subgrupo 2º

Persoal titulado

Titulado grao superior106.7231.280.676320.16979.46066.0341.746.339

Titulado grao medio103.2031.238.436309.60979.46066.0341.693.539

Titulado laboral ou profesional93.9171.127.004281.75179.46066.0341.554.249

Grupo II-Persoal administrativo

Xefe administrativo 1º103.0091.236.108309.02779.46066.0341.690.629

Xefe administrativo 2º101.4431.217.316304.32979.46066.0341.667.139

Caixeiro97.6651.171.980292.99579.46066.0341.610.469

Oficial de 1ª95.6421.147.704286.92679.46066.0341.580.124

Oficial de 2ª91.8671.102.404275.60179.46066.0341.523.499

Auxiliar88.1511.057.812264.45379.46066.0341.467.759

Telefonista82.351988.212247.05379.46066.0341.380.759

Aspirante (máis novo de 18 anos)76.551918.612229.65379.46066.0341.293.759

Cobrador82.351988.212247.05379.46066.0341.380.759

Grupo III-Persoal mandos intermedios

Encargado xeral100.5921.207.104301.77679.46066.0341.654.374

Supervisor/encargado de zona97.6651.171.980292.99579.46066.0341.610.469

Supervisor/encargado de sector94.6671.136.004284.00179.46066.0341.565.499

Encargado de grupo ou edificio2.8661.046.090257.94079.46066.0341.449.524

Responsable de equipo2.7591.007.035248.31079.46066.0341.400.839

Grupo IV-Persoal subalterno

Ordenanza81.376976.512244.12879.46066.0341.366.134

Almaceneiro81.376976.512244.12879.46066.0341.366.134

Listeiro81.376976.512244.12879.46066.0341.366.134

Vixilante81.376976.512244.12879.46066.0341.366.134

Recadeiro (máis novo de 18 anos)74.857898.284224.57179.46066.0341.268.349

Grupo V-Persoal obreiro

Especialista3.0081.097.920270.72079.46066.0341.514.134

Peón especializado2.8181.028.570253.62079.46066.0341.427.684

Limpador/limpadora2.708988.420243.72079.46066.0341.377.634

Conductor/limpador3.0861.126.390277.74079.46066.0341.549.624

Grupo VI-Persoal oficios varios

Oficial3.0081.097.920270.72079.46066.0341.514.134

Categoría profesionalSoldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extrasComplemento

transporte

Complemento

asistencia

Total devengado

Axudante2.8181.028.570253.62079.46066.0341.427.684

Peón2.708988.420243.72079.46066.0341.377.634

Aprendiz (máis novo de 18 anos)2.555932.575229.95079.46066.0341.308.019

Táboas salariais 2001 (pesetas)

Categoría profesionalSoldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extrasComplemento

transporte

Complemento

asistencia

Total devengado

Grupo I-Subgrupo 1º

Persoal directivo

Director129.7861.557.432389.35895.90072.6102.115.300

Director comercial123.7121.484.544371.13695.90072.6102.024.190

Director administrativo123.7121.484.544371.13695.90072.6102.024.190

Xefe de persoal123.7121.484.544371.13695.90072.6102.024.190

Xefe de compras123.7121.484.544371.13695.90072.6102.024.190

Xefe de servicios123.7121.484.544371.13695.90072.6102.024.190

Grupo I-Subgrupo 2º

Persoal titulado

Titulado grao superior111.3611.336.332334.08395.90072.6101.838.925

Titulado grao medio107.6741.292.088323.02295.90072.6101.783.620

Titulado laboral ou profesional97.9491.175.388293.84795.90072.6101.637.745

Grupo II-Persoal administrativo

Xefe administrativo 1º107.4711.289.652322.41395.90072.6101.780.575

Xefe administrativo 2º105.8311.269.972317.49395.90072.6101.755.975

Caixeiro101.8741.222.488305.62295.90072.6101.696.620

Oficial de 1ª99.7551.197.060299.26595.90072.6101.664.835

Oficial de 2ª95.8011.149.612287.40395.90072.6101.605.525

Auxiliar91.9091.102.908275.72795.90072.6101.547.145

Telefonista85.8351.030.020257.50595.90072.6101.456.035

Aspirante (máis novo de 18 anos)79.760957.120239.28095.90072.6101.364.910

Cobrador85.8351.030.020257.50595.90072.6101.456.035

Grupo III-Persoal mandos intermedios

Encargado xeral104.9401.259.280314.82095.90072.6101.742.610

Supervisor/encargado de zona101.8741.222.488305.62295.90072.6101.696.620

Supervisor/encargado de sector98.7341.184.808296.20295.90072.6101.649.520

Encargado de grupo ou edificio2.9881.090.620268.92095.90072.6101.528.050

Responsable de equipo2.8761.049.740258.84095.90072.6101.477.090

Grupo IV-Persoal subalterno

Ordenanza84.8131.017.756254.43995.90072.6101.440.705

Almaceneiro84.8131.017.756254.43995.90072.6101.440.705

Listeiro84.8131.017.756254.43995.90072.6101.440.705

Vixilante84.8131.017.756254.43995.90072.6101.440.705

Recadeiro (máis novo de 18 anos)77.986935.832233.95895.90072.6101.338.300

Grupo V-Persoal obreiro

Especialista3.1371.145.005282.33095.90072.6101.595.845

Peón especializado2.9381.072.370264.42095.90072.6101.505.300

Limpador/limpadora2.8231.030.395254.07095.90072.6101.452.975

Conductor/limpador3.2181.174.570289.62095.90072.6101.632.700

Grupo VI-Persoal oficios varios

Oficial3.1371.145.005282.33095.90072.6101.595.845

Axudante2.9381.072.370264.42095.90072.6101.505.300

Peón2.8231.030.395254.07095.90072.6101.452.975

Aprendiz (máis novo de 18 anos)2.662971.630239.58095.90072.6101.379.720