Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.882

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de novembro de 2001 pola que se convocan para a elección de destino as aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de acceso libre, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Pola Orde do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 114, do 13 de xuño), convocouse proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), sendo nomeadas como funcionarias en prácticas a través da Resolución do 28 de xuño de 2001 (DOG nº 126, do 29 de xuño; corrección de erros DOG nº 137, do 16 de xullo).

Unha vez publicados polo correspondente tribunal os resultados obtidos no curso selectivo e co obxecto de que as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo polo sistema de acceso libre accedan á condición de funcionarias coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-las aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre ó corpo de

xestión da Xunta de Galicia (grupo B), para a elección de destino provisional, en único chamamento, na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública o día 23 de novembro ás 12 horas, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo desta orde, sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

As aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

As aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ás aspirantes presentes ou representadas, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO VACANTES DO GRUPO B

CORPO DE XESTIÓN DE ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNNIVELCONS.CENTRO DE DESTINOCONCELLO

1AGA020000015770023XEFE DE NEGOCIADO18AGRICULTURASECRETARÍA DO ILGGASANTIAGO DE COMPOSTELA

2AGC020000015770006XEFE DE NEGOCIADO18AGRICULTURASECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELA

3EDC030000115770005XEFE DE NEGOCIADO I18EDUCACIÓNSUBDIRECCIÓN XERAL DE PERSOALSANTIAGO DE COMPOSTELA

4EFC050000015770010XEFE NEGOCIADO18ECONOMÍA E FACENDAD.X. ORZAMENTOSSANTIAGO DE COMPOSTELA

5EFC070000115770015XEFE NEGOCIADO18ECONOMÍA E FACENDAS.X. PLANIFICACIÓN ECONÓMICASANTIAGO DE COMPOSTELA

6FAA010000015770017NEGOCIADO ADMINISTRATIVO18FAMILIASERVICIO GALEGO PROMOCIÓN IGUALDADE HOME/MULLERSANTIAGO DE COMPOSTELA

7FAC050000115770024NEGOCIADO ADMINISTRATIVO18FAMILIAS.X. PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL E DA CONT.SANTIAGO DE COMPOSTELA

8OTA030000015770011X. NEGOCIADO OUTRAS AXUDAS18POLÍTICA TERRITORIALD. TÉCNICA DE ADMÓN. E FOMENTOSANTIAGO DE COMPOSTELA

9OTB010000115770042NEGOCIADO II18POLÍTICA TERRITORIALDEPARTAMENTO XESTIÓN DOMINIO PÚBLICO HIDRAÚLICOSANTIAGO DE COMPOSTELA

10OTC020000015770045NEGOCIADO INSPECCIÓN18POLÍTICA TERRITORIALSECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELA

11PRA010000015770055X. NEGOCIADO ENONÓMICO ADMINISTRATIVO18PRESIDENCIA E ADMÓN. PÚBLICAESCOLA GALEGA DE ADMÓN. PÚBLICASANTIAGO DE COMPOSTELA

12PRC020000315770010XEFE NEGOCIADO II18PRESIDENCIA E ADMÓN. PÚBLICAVICESECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELA

13SAC020000215770005XEFE DE NEGOCIADO I18SANIDADES.X. DE RÉXIME ADMINISTRATIVOSANTIAGO DE COMPOSTELA

14XUC020000015770049NEGOCIADO ADMINISTRATIVO18XUSTIZASECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELA