Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.779

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (146/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos número 146/2001 seguidos por instancia de Eva Forneas Braña contra Inem e Construnor Area, S.L., sobre desemprego, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 18-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando en parte a demanda interposta por Eva Forneas Braña, contra o Instituto Nacional de Emprego e a empresa Construnor Area, S.L., debo declarar e declaro o dereito da dita demandante a percibi-la prestación por desemprego durante o período comprendido entre o 20-10-2000 e o 19-4-2001, sobre unha base reguladora diaria de 4.800 pesetas, condenando os ditos demandados a estar e pasar por tal declaración e o Inem ó seu pagamento.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Construnor Area, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa do Valiño, 67, Santiago de Compostela, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 17 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado