Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.779

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VILALBA

EDICTO-CÉDULA de notificación (130/2000).

No procedemento de referencia dictouse coa sentencia parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Que, estimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Cuba Cal, en nome e representación de María del Carmen Carreiras Galdo, contra Baba Lejlifa Moulud, en situación de rebeldía procesual, debe declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio destes cónxuxes, sen adopción doutro tipo de medidas.

Firme esta sentencia, líbrese oficio ó encargado do rexistro civil do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilalba (Lugo), ó que se lle xuntará testemuño desta, co fin de que proceda a anota-la súa parte dispositiva na correspondente inscrición de matrimonio.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se preparará no termo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación».

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Baba Lejlifa Moulud, esténdese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Vilalba, 20 de xullo de 2001.

O secretario

Rubricado