Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.778

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (143/2001).

O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón acordou citar a vde. co fin de que o vindeiro día 28 de novembro, ás 11 horas, asista na sala de vistas deste xulgado

á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de estafa (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba dos que tente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo, apercibíndoo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, se lle poderá impoñer unha multa e recaer sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Padrón o 19 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado

José Gil Pedrol.

Domicilio: descoñecido.

Último domicilio: Crer, Calabria 220-2º, Barcelona.

Resumo dos feitos obxecto da denuncia.

Feitos: falta de estafa (623).

Lugar: Restaurante Chef Rivera, Padrón.

Data: 12 de abril de 2001.

Denunciante: José Antonio Rivera Casal.