Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.778

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (180/2000).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 180/2000, executoria penal 2/2001, se dictou este auto, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Primeiro.-Nesta causa, José Manuel Lodeiro Rodríguez foi condenado á pena dun mes de multa a razón de 500 pesetas diarias, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa non pagadas, e a que indemnice a José Ramón Freire Rey na cantidade de trinta e catro mil novecentas pesetas (34.900) e con imposición das custas procesuais causadas nesta instancia.

Segundo.- O penado non satisfixo voluntariamente a multa, nin tampouco se encontraron bens suficientes para facela efectiva por vía de constrinximento, polo que foi declarada a súa insolvencia por auto do 20 de marzo de 2001.

Parte dispositiva

Dispoño: procede imporlle ó condenado, como responsabilidade persoal subsidiaria por non pagamento de multa, a pena de 15 días de privación de liberdade, equivalente a 7 fins de semana.

Póñase esta resolución en coñecemento do Ministerio Fiscal e demais partes comparecidas, prevíndoas de que contra ela poderá interpor, perante este xulgado, recurso de reforma no prazo de tres días.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Manuel Lodeiro Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o dezasete de outubro de dous mil un.

O secretario

Rubricado