Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada LU-112 Cospeito-Tumbo e da estrada LU-121 Tumbo-Moncelos.

Adxudicatario: Ingeniería del Noroeste, S.L.

Orzamento: 11.057.909 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada PO-250. Treito: Pazos de Borbén-Fornelos e da estrada PO-251 Fornelos-Forzáns.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 19.808.740 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada LU-152 Ferreira do Valadouro-Foz.

Adxudicatario: UTE Cauces y Caminos, S.L.-Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 22.914.640 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada LU-124. Treito: Riotorto-N-640 (Vilameá).

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 12.454.521 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: enlace de Espiñeredo-enlace zona urbana das Pontes.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 25.099.093 pesetas.

Asistencia técnica para as expropiacións da obra acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga.

Adxudicatario: Topo 2000, S.L.

Orzamento: 11.499.815 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, da obra da terceira rolda de circunvalación da Coruña. Convenio CPTOP-Concello da Coruña.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 17.324.020 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada C-531. Treito: A Cañiza-Filgueira.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 19.044.123 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada AC-403 Muros-Santa Comba. Treito: A Pereira-Pino do Val.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 16.425.500 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e avaliación ambiental da vía de alta capacidade Sarria-Nadela.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 28.988.400 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta

resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte á da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda