Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Artegalicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Artegalicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os talleres artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia que acrediten cumpri-la Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Carmen Armendáriz Villar, en representación do taller (Obradoiro Charamusca), e seis persoas máis representando a outros tantos talleres artesáns.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais