Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Mediadores de Galicia (Amega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mediadores de Galicia (Amega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios/as da devandita asociación os diplomados/as e licenciados/as que estean en posesión do título de especialista en mediación familiar, recoñecido pola Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Lema Maquieira, e dezaoito persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais