Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulados no expediente sancionador OU-34/01, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Unha vez intentada a notificación no domicilio social da empresa operadora Recreativos Rebi, S.L. e non

poder levalo a cabo por resultar descoñecido este, resolveuse publicar ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, o acordo de apertura e prego de cargos do expediente sancionador número OU-34/01, iniciado contra o titular do establecemento denominado Nata-San de Rubiá, e contra a empresa operadora Recreativos Rebi, S.L. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Acordo de apertura.

Con data 25 de xuño de 2001, o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (P.D. Orde do 15-9-1999, o director xeral de Interior e Protección Civil), dictou o seguinte acordo:

Vista a acta nº 01/12.06.01, levantada polo Servicio de Inspección de Xogo no establecemento que abaixo se indica, e estimando que os feitos denunciados puideran ser constitutivos dalgunha das infraccións tipificadas nos artigos 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo-disposición adicional terceira-, procédese a:

1º Incoar expediente sancionador contra:

-A empresa operadora: Recreativos Rebi, S.L. CIF: B24304321.

A titular do establecemento Bar Nata-San: Rosario Moldes Rey. DNI: 10051719.

2º Nomear instructora e secretario do expediente, respectivamente, a:

-Rosa María Novoa Vega.

-Felipe Leal Álvarez.

3º Medidas provisionais: precinto e comiso da máquina.

Prego de cargos.

Expediente sancionador número GA-OU 34/01 do 25 de xuño de 2001, seguido contra:

-A empresa operadora: Recreativos Rebi, S.L., con CIF: B24304321.

-Rosario Moldes Rey, con DNI: 10051719Y, titular do Bar Nata-San, sito no concello de Rubiá.

O expediente iníciase por denuncia do Servicio de Inspección de Xogo da Xunta de Galicia, por suposta infracción á normativa de xogo desta comunidade, e á vista dos feitos denunciados, formúlase o seguinte prego de cargos:

Ter instalada e en explotación unha máquina tipo guindastre sen homologar e sen autorización.

Os feitos puideran constituír infraccións moi graves ou graves, das reguladas e previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 14/1985, reguladora dos xogos

e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por presunta infracción dos seus artigos 3, 5, 7, 19, 27 e ss. da devandita lei, e infracción do disposto no Decreto 106/1998, do 12 de febreiro.

O interesado dispón dun prazo de 8 días para presentar prego de descargos, no que poderá solicita-lo recibimento a proba do expediente.

Ourense, 17 de outubro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense