Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución pola que se arquiva o expediente administrativo sancionador 59.28/00, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente administrativo sancionador, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo L.C.) e ó seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado por R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro, e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 59.28/00.

Responsable: José Ignacio Menéndez Solla.

Último enderezo coñecido: r/ Cerqueiro, nº 7-4º E, Samil (Vigo).

Data da resolución: 18-9-2001.

Feitos: reconstrucción dunha vivenda.

Lugar: praia de Vilariño.

Concello: Cangas.

Resolución: arquiva-lo expediente sancionador nº 59.28/00, incoado en virtude de Resolución do 3 de maio de 2001 a José Ignacio Menéndez Solla, por considerar que estes feitos non son motivo dunha infracción á lexislación de costas.