Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.733

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

EDICTO (106/2001).

María del Pilar Pazos González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín, dá fe de que nos autos de xuízo declarativo verbal 106/2001, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia 90/2001. En Lalín, dez de setembro de dous mil un.

Vistos por min, Elena Rodríguez Molpeceres, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo verbal, seguidos co nº 106/2001, no que interviñeron, como demandante, Manuel García Brea, representado polo procurador Sr. Ceán Garrido e asistido polo letrado Sr. Collazo Fernández e, como demandado, Juan Manuel del Blanco Álvarez, en situación de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador Ceán Garrido, en nome e representación de Manuel García Brea, contra Juan Manuel del Blanco Álvarez, debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento, por falta de pagamento do demandado, da vivenda sita na rúa Vista Alegre, nº 6-1º A dereita, de A Bandeira-Silleda, que deberá deixala baleira, libre e expedita e á disposición do demandante no termo de oito días, baixo apercibimento

de lanzamento, condenándoo, así mesmo, a lle pagar ó demandante a cantidade de cento vinte mil pesetas (120.000) en concepto de rendas e vintecinco mil trescentas sesenta e seis pesetas (25.366) por outras cantidades ás que estaba obrigado contractualmente, condenándoo, así mesmo, ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe a interposición do recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse perante este mesmo xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificaicón, de conformidade co disposto nos artigos 455 e seguintes da LAC.

Así o acordo, mando e asino».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado, declarado en rebeldía, Juan Manuel del Blanco Álvarez, en ignorado paradoiro, expido, selo e asino este edicto en Lalín o doce de setembro de dous mil un.

Mª del Pilar Pazos González

Secretaria