Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.732

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

CÉDULA de notificación de sentencia (24/2000).

Nos autos de referencia dictouse resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Encabezamento:

En Ferrol o vintedous de maio de dous mil.

Por Jesús Souto Herreros, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade e o seu partido, foron vistos os presentes autos de xuízo executivo número 24/2000,

seguidos por instancia da entidade Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, representada pola procuradora Riesgo Fernández e coa dirección do letrado Anca Mesejo, contra Edelmiro Pérez Mariño, en rebeldía.

Dicto que declaro ben despachada a execución e en consecuencia acordo seguir esta adiante, facendo trance e remate sobre os bens embargados como da propiedade da parte demandada, Edelmiro Pérez Mariño, en rebeldía, e co seu producto enteiro e cumprido pago ó demandante, a entidade Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, representada pola procuradora Riesgo Fernández e coa dirección do letrado Anca Mesejo, da cantidade de duascentas unha mil cento oitenta pesetas (201.180 pesetas) importe do principal que se reclama, máis a de cen mil pesetas (100.000 pesetas) orzadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, ás que expresamente condeno á parte demandada».

E, para que sirva de cédula de notificación a Edelmiro Pérez Mariño, en ignorado paradoiro, estendo e asino esta cédula en Ferrol, o dezanove de setembro de dous mil un.

O/A secretario/a

Rubricado