Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.733

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (275/2001).

Nos autos de xuízo número 275/2001, seguidos por instancia de Gonzalo Cervelo Estévez, contra a empresa Cidelectric, S.L. sobre cantidade (salarios), dictouse sentencia cun encabezado e dictame que di:

«Sentencia 1. En Lugo a nove de outubro do ano dous mil un.

Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 275/2001, sobre cantidade (salarios), no que son partes como demandante Gonzalo Cervelo Estévez, asistido do letrado José López Fernández como demandados a empresa Cidelectric, S.L., a cal non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez dictamino que estimando en parte a demanda deducida sobre cantidade (salarios) por Gonzalo Cervelo Estévez contra a patronal Cidelectric, S.L., debo condenar e condeno á dita empresa a aboarlle ó demandante a suma bruta de trescentas quince mil duascentas setenta e sete pesetas (315.277 pesetas) polos conceptos que se deixan expresados ó feito probado segundo a presente, desestimando a demanda no restante con absolución da empresa accionada.

Absólvese ó Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual ulterior responsabilidade en caso de declaración da insolvencia empresarial.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra esta, cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, previo depósito das cantidades obxecto da condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na Conta de Depósitos e Consignacións nº 2322-69 nº de autos 275/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento do aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, previsto para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 275/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada-xuíza que a subscribe, encontrándose celebrando audiencia pública no día da data, do que eu secretario certifico- Rafael González Alió. Rubricado.»

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Cidelectric, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial da Comunidade Autónoma.

En Lugo o nove de outubro de dous mil un.

O secretario

Rubricado