Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (416/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 416/2001, seguidos por instancia de Fidel García Valle contra a empresa Núñez Bóveda, Dositeo, e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 16 de outubro de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 416/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Fidel García Valle, representado polo graduado social Rafael Vila Pereiro e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Núñez Bóveda, Dositeo, malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Fidel García Valle, sobre cantidade, contra a empresa Núñez Bóveda, Dositeo, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de cento oitenta e dúas mil setecentas oitenta e oito pesetas (182.788 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial Fogasa sen prexuízo da súa eventual responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe ningún recurso, polo que se declara a súa firmeza (ex artigos 189.1º TRLPL, 100º da LPL e 248.4º LOPX).

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado».

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma ás empresas Núñez Bóveda, Dositeo, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 16 de outubro de 2001.