Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (315/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 315/2001, seguidos por instancia de Inés Villar Núñez e outras contra Euroflor, S.L. e Fogasa sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 11-10-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Inés Villar Núñez, Mónica Villar Núñez, María Luz García Rama e María Isabel Pombo Pombo, contra a empresa Euroflor, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que lles faga o pagamento ás demandantes das seguintes cantidades: a Inés Villar Núñez 237.061 pesetas, a Mónica Villar Núñez 256.861 pesetas, a María Luz García Rama 234.204 pesetas e a Isabel Pombo Pombo 254.004 pesetas, con abso

lución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Euroflor, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na avda. das Flores, 91, Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 11 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado