Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (558/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 558/2001, seguidos por instancia de José Seijas Barcala contra Galfarma, S.L. e outras, sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado,

María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 4-10-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por José Seijas Barcala contra as empresas Aplicaciones Tecnológicas y de Telecomunicaciones, S.L. e Galfarma, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, non sendo posible a opción entre a readmisión no seu posto de traballo polo peche das empresas, procede declara-la extinción da relación laboral entre as partes, condenando as ditas demandadas a que, conxunta e solidariamente, lle aboen ó demandante a suma de 950.350 pesetas en concepto de indemnizaciónm mailos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Galfarma, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en polígono Adormideras, Lagoa, 2, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 4 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado