Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 558/2001, seguidos por instancia de José Seijas Barcala contra Galfarma, S.L. e outras sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 4-10-2001, coa seguinte parte dispositiva:
«Que estimando a demanda interposta por José Seijas Barcala, contra as empresas Aplicaciones Tecnológicas y de Telecomunicaciones, S.L. e Galfarma, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, non sendo posible a opción entre a readmisión no seu posto de traballo polo peche das empresas, condeno as ditas demandadas a que, conxunta e solidariamente, lle aboen ó demandante a suma de 950.350 pesetas en concepto de indemnización, mailos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Tecnológicas y de Telecomunicaciones, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Calvo Sotelo, 21-2º dta., A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 4 de outubro de 2001.
O secretario xudicial
Rubricado