Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.687

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (358/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos que se seguen neste xulgado co nº 358/2001, sobre demanda de divorcio, se dictou a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

A Coruña, 15 de outubro de 2001.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 358/2001, por instancia de Francisco José Prieto Fidalgo, representado polo procurador Sr. López Valcárcel e defendido polo letrado Sr. Santos Fernández, sendo a parte demandada Edna María Celulari, declarada en situación legal de rebeldía.

Decido que, estimando en parte a demanda formulada polo procurador Xulio López Valcárcel, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Francisco José Prieto Fidalgo e Edna María Celulari, que tivo lugar na Coruña o 30 de xuño de 1992, cos efectos legais que iso implica.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle á demandada rebelde, Edna María Celulari, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este mesmo xulgado, no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos oportunos, e lle sirva de notificación á demandada rebelde Edna María Celulari, expido este edicto na Coruña, 15 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado