Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.687

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4904/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación de María Teresa Castro Vázquez, Mª Pilar Ullate Royo e Ana María Vázquez Fernández, contra Decreto 146/2001, do 7 de xuño, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

Recurso número: 02/0004904/2001.

A publicación deste anuncio servira de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 10 de outubro de 2001.

Isabel Freire Corzo

Secretaria