Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (425/2001).

Nos autos de xuízo número 425/2001, seguidos por instancia de José Manuel Linares Méndez e outra contra a empresa Pematrans Lugo, S.L., sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Sentencia.-Lugo, 16 de outubro de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 425/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, José Manuel Linares Méndez, representado pola letrada Mª Teresa Souto Neira e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Pematrans Lugo, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando substancialmente a demanda interposta por José Manuel Linares Méndez, sobre cantidade, contra a empresa Pematrans Lugo, S.L., debo condenar e condeno a patronal demandada a lle satisfacer ó demandante a suma bruta dun millón duascentas vintesete mil setecentas oitenta e unha pesetas (1.227.781 pesetas), polos conceptos expresados no ordinal fáctico terceiro desta resolución, e mailo xuro legal do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa eventual responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69 nº de autos 425/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya

desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 425/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Pematrans Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 16 de outubro de 2001.