Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (409/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 409/2001, por instancia de Benito Tilve Valladares contra a empresa Estudios y Construcciones Mera, S.L. y Fogasa sobre salarios, se dictou a seguinte:

«Sentencia. Na cidade da Coruña o quince de outubro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 409/2001, seguidos por instancia de Benito Tilve Valladares, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Estudios y Construcciones Mera, S.L. e Fogasa, que non compareceron en autos, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Benito Tilve Valladares contra a empresa Estudios y Construcciones Mera, S.L., condenando a demandada a aboarlle ó actor a cantidade de 212.968 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Estudios y Construcciones Mera, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña o quince de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado