Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato administrativo.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993

RESOLVE:

Adxudica-lo seguinte contrato: asistencia técnica para a realización do traballo denominado proxecto de construcción dunha rede de metro lixeiro na cidade de Vigo.

Adxudicatario: unión temporal de empresas formada polas empresas Idom, S.A. e Servicios Omicron, S.A.

Orzamento de adxudicación: 142.500.000 pesetas (856.442,25 euros).

Prazo de execución: 14 meses.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata ser resolto expresamente ou se produci-la desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes