Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a resolución dictada en procedemento de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

Por medio desta cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo, dictada no expediente de reposición da legalidade urbanística que se indica no anexo, e ordénase a demolición á custa do interesado e a restitución dos bens e terreos afectados ó estado anterior á execución das actuacións obxecto deste expediente, no prazo máximo de dous meses contados do día seguinte ó da publicación desta resolución, e advírtese o interesado de que, no caso de incumprimento da orde de demolición no prazo indicado, se procederá á execución subsidiaria dela ou á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía de 50.000 a 500.000 pesetas cada unha, sendo estas multas compatibles coa sanción que, se é o caso, poida interpoñerse no procedemento sancionador que tramite a comisión da infracción urbanística.

Fáiselle saber que a dita resolución non esgota a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Expediente: DU-14.

Denunciado: Santiago Salomón Caneda.

Condición: promotor das obras.

Último domicilio coñecido: rúa Oriente, 9, Sanxenxo.

Feitos: obras de modificación da disposición interior e aspecto exterior de edificio existente sen licencia municipal.

Lugar: rúa Oriente, 9.

Concello: Sanxenxo.

Preceptos aplicables: artigo 180 en relación co 175 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 54 do Regulamento de disciplina urbanística (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).