Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (274/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña,

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 274/2001, sobre divorcio, por instancia de

María Arsenia Torreira Allo, contra Francisco de Paula José Morales Jiménez, se dictou sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña o catro de outubro de dous mil un.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 274/2001, por instancia de María Arsenia Torreira Allo, representada pola procuradora Fernández Rodríguez e defendida polo letrado Diéguez Guerrero, sendo parte demandada Francisco de Paula José Morales Jiménez, declarado en situación legal de rebeldía.

Decido.

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Mª de los Ángeles Fernández Rodríguez, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Francisco de Paula José Morales Jiménez e María Arsenia Torreira Allo, celebrado na Coruña o 20 de marzo de 1992, cos efectos legais que iso comporta.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Francisco de Paula José Morales Jiménez, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para os efectos oportunos expido e asino esta, sentencia na Coruña o catro de outubro de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado