Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (181/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña,

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 181/2001, sobre demanda de divorcio, por instancia de Sofía Fachado Buján, contra Emilio Álvarez Patiño, dictouse sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña, vinteoito de setembro de dous mil un.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 181/2001, por instancia de Sofía Fachado Buján, representada pola procuradora Sra. Neira López e defendida polo letrado Sr. Martín Trillo, sendo parte demandada Emilio Álvarez Patiño, declarado en situación legal de rebeldía.

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora Dolores Neira López, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Emilio Álvarez Patiño e Sofía Fachado Buján, celebrado na Coruña o 15 de maio de 1960. Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Emilio Álvarez Patiño, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para os efectos oportunos e sirva de notificación ó demandado Emilio Álvarez Patiño, en situación legal de rebeldía, expido esta sentencia na Coruña o vinteoito de setembro de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado