Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.573

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (727/2000).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre clase proc., por instancia de partes, se dictou a resolución do seguinte teor literal.

«Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2001.

Dada conta, presentado o anterior escrito polo letrado Carlos González-Concheiro Álvarez, únase ós autos da súa razón. Téñense por feitas tales manifestacións. Ante a imposibilidade de cita-la demandada, acórdase suspende-lo sinalamento do acto de conciliación e xuízo previsto para o 17 de outubro, ás 9.35 horas, sinalándoo novamente para o vindeiro día 9 de xaneiro de 2002, ás 9.30 horas.

Cítese a demandada a través do Diario Oficial de Galicia, quedando a copia da demanda e demais documentos que se lle xuntan na secretaría deste xulgado, prevíndoa de que, se intenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que a dirixa, ou representante, deberá poñelo en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes. Fánselle as seguintes advertencias:

a) Pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís, a designación dos cales poderá facer mediante poder bastante, por medio de comparecencia ante este xulgado, ou perante o de Primeira Instancia ou de Paz, se é o caso, se o domicilio da parte fose distinto da residencia deste xulgado.

b) A realización deste acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores por canto as partes poden nomear representantes, e estes e o mesmo os defensores, poden substituí-la representación ou a defensa consonte as leis, téndose por desistido o demandante se non comparece, e

c) Os litigantes, ou quen os represente, teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

E para as cuestións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Así o acorda, manda e asina S Sª, do que dou fe».

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación, citación ós actos de conciliación e xuízo, confesión xudicial e requirimento a Promoción de Granjas Complementarias de Terneros Gallegos, S.A. (Terga, S.A.), expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado