Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2001 pola que se lle dá publicidade ás resolucións de adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolve adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación dunha asistencia para o control de calidade do servicio de limpeza nos locais onde se sitúan os servicios centrais da Xunta de Galicia, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro de 2001.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Importe: 11.480.000 pesetas (68.996,19 euros).

-Contratación do servicio de contaxe de votos e seguimento de participación no día da celebración das eleccións ó Parlamento de Galicia 2001, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 13 de xuño de 2001.

Adxudicatario: empresa ODEC.

Importe: 130.000.000 de pesetas (781.315,74 euros).

-Contratación, en réxime de concesión, da xestión e explotación do servicio de cafetería no edificio de servicios múltiples da Xunta de Galicia en Monelos (A Coruña), convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 121, do 22 e xuño de 2001.

Adxudicatario: Eliseo Calviño Lema, S.L.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da

Presidencia e Administración Pública