Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.572

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (348/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 348/2001, seguidos por instancia de Aurelio Rodríguez Lage, contra Comercial Puymo, S.L., sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 14-9-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Aurelio Rodríguez Lage, contra a empresa Comercial Puymo, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 539.400 pesetas, que lle debe.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar haber ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 348-2001, do banco BBVA desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito; sen os ditos requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa comercial Comercial Puymo, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado