Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.571

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (637/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario judicial do Xulgado do Social número dous da Coruña dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 637/2001

e 652/2001, acumulado do Xulgado do Social número un da Coruña, seguidos a instancia de María Jesús Jarazo Rivadas, Laura María García Torreira, María del Carmen Villasenín Iglesias, Isolina Pederne Carrillo, María Dolores Sueiro Louro, María Esther Fernández Uzal, María Elena Bello Pombo contra Vanilda Calviño Pardo, e as empresas Confecciones Rical S.L. y Confecciones Fada S.L., que non compareceron en autos e o Fondo de Garantía Salarial, que tampouco compareceu, sobre despedimento, dictouse a seguinte

Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 10 de outubro de 2001. Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade viu os presentes autos de xuízo nº 637/2001 e 652/2001 acumulado do Xulgado do Social número un da Coruña, seguidos por instancia de María Jesús Jarazo Rivadas, Laura María García Torreira, María del Carmen Villasenín Iglesias, Isolina Pederne Carrillo, María Dolores Sueiro Louro, María Esther Fernández Uzal, María Elena Bello Pombo, maiores de idade, representadas e asistidas polo letrado Manuel Comendador Rey contra Vanilda Calviño Pardo, maior de idade, e as empresas Confecciones Rical S.L. y Confecciones Fada S.L., que non compareceron en autos e o Fondo de Garantía Salarial, que tampouco compareceu, sendo o obxeto da reclamación, despedimento; e seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando as demandas acumuladas interpostas polas demandantes debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado polas empresas Vanilda Calviño Pardo, Confecciones Rical S.L. y Confecciones Fada S.L. e extinguida a relación laboral existente entre as partes na data da presente resolución, condenando as empresas demandadas a que, solidariamente, aboen a cada unha das demandantes a seguinte indemnización, máis os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da presente resolución: a María Jesús Jarzazo Rivadas, 359.994 pesetas de indemnización máis 276.000 pesetas de salarios de tramitación; a Laura María García Torreira, 359.994 pesetas de indemnización máis 276.000 pesetas de salarios de tramitación; a María del Carmen Villasenín Iglesias, 299.995 pesetas de indemnización máis 276.000 pesetas de salarios de tramitación; a Isolina Pederne Carrillo, 299.995 pesetas de indemnización máis 276.000 pesetas de salarios de tramitación; a María

Dolores Sueiro Louro, 374.994 pesetas de indemnización y 276.000 pesetas de salarios de tramitación; a María Esther Fernández Uzal, 689.989 pesetas de indemnización e 284.000 pesetas de salarios de tramitación e a María Elena Bello Pombo, 119.998 pesetas de indemnización e 284.000 pesetas de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non

goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo resgardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberto ano BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente na Coruña o 10 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado