Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.571

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (573/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 573/2001, seguidos por instancia de Aurelio Romero Vázquez contra Galifarma, S.L. e outras, sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou auto de aclaración, na data 27-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Dispoño que debo aclara-la sentencia que se dictou no sentido de que no antecedente do feito primeiro se rexeita contra as empresas Galifarma, S.L. e Isolux Wat, S.A., e que o salario mensual do demandante que se reflicte no feito da proba primeiro ascende á cantidade mensual de 207.085 pesetas, quedando redactada a resolución da sentencia dictada nas presentes actuacións do seguinte xeito:

Que estimando a demanda interposta por Aurelio Romero Vázquez, contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, e non sendo posible a readmisión do demandante no seu posto de traballo, debo declara-la extinción da relación laboral entre as partes, condenando a dita demandada a que indemnice o demandante na suma de 179.478 pesetas, máis os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata o 3 de xullo de 2001, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por este auto, acordouno e asinouno Mª Antonia Rey Eibe, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un da Coruña».

E para lle sirva de notificación a Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Calvo Sotelo, 21, 2 dta., A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 27 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado