Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.571

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (37/2001-X).

María José Gil Taboada, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da Coruña, fai saber:

Que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co número 37/2001-X, promovidos por María Pilar Pazos García, representada pola procuradora María Dolores Neira López, sobre declaración de falecemento de José Luis García Pazos, quen arredor dos anos 1964 ou 1965 abandonou o domicilio familiar sito na Coruña para ir residir en México, sen que desde entón se volvese ter coñecemento do seu paradoiro nin se tivese ningunha outra noticia sobre el. O seu último domicilio coñecido foi na avda. Xeneral Sanjurjo 12-14, 8º dta., A Coruña.

E para que así conste e lles sirva de aviso a todas aquelas persoas ás que lles poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña, dezaoito de xuño de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado