Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.570

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3019/2001).

Francisca Conde Alfonso, oficial en funcións da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Certifico, que no rolo de apelación civil número 19/2001, dimanante dos autos de xuízo de cognición número 429/1998 se dictou sentencia en segunda instancia:

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, composta polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, presidente, José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron, en nome do Rei, a seguinte sentencia,

«Vigo, nove de xullo de dous mil un.

Visto o recurso de apelación interposto contra a sentencia recaída nos autos de xuízo de cognición

número 429/1998, seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo (rolo de sala número 3019/1991), sobre declaración dereito a traspasar local de negocio; no que son partes: como apelante a demandada María del Pilar Sanmartín Lago, representada polo procurador Ramón Pérez Fidalgo baixo a dirección letrada de Segundo González Vega; e como apelados os demandantes María Bibiana Vega Menéndez e Manuel Vega Villarejo, representados pola procuradora Rosa de Lis Fernández, coa dirección da letrada Alicia Lorenzo Morán, e os codemandados Leopoldo Ríos Graña, Javier Ríos Graña, Ramón Rodríguez Ríos e Ana María Rodríguez Ríos, en situación procesual de rebeldía. Foi ponente o maxistrado José Ferrer González, quen expresa o parecer da sala: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos, que estimando o recurso de apelación interposto por María del Pilar Sanmartín Lago contra a sentencia dictada en xuízo de cognición número 429/1998 que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo revógase esta e, deses

timando a demanda, absólvese a parte demandada das pretensións contra ela formuladas condenando a demandante ó pagamento das custas da primeira instancia.

Non se fai expresa imposición das custas da segunda instancia.

Contra esta resolución poderase interpor, de se-lo caso, recurso extraordinario de casación que se deberá preparar no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Notifíquese a presente ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgnánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, o cal xustificará a recepción.

Así pola nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo da sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva de notificación da sentencia ós demandados Leopoldo Ríos Graña e Javier Ríos Graña, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Vigo o tres de outubro de dous mil un.

María del Pilar Sández González

Secretaria