Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ACORDO do 22 de outubro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se amplía o prazo de audiencia no expediente de clasificación con carácter de veciñal en man común dos montes da parroquia de San Martiño do concello do Grove.

Vista a solicitude formulada por Belén Raposo Pérez, en representación do Concello do Grove, na que solicita ampliación do prazo dun mes aberto para formular alegacións no expediente de clasificación co carácter de veciñais en man común dos montes Riba das Vellas e outros, da parroquia de San Martiño do concello do Grove, e tendo en conta que o artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, determina que a Administración, salvo precepto en contrario, poderá conceder de oficio ou por petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade deles, se as circunstancias

o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiro.

Con base no anteriormente exposto, e de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

ACORDO:

Amplia-lo prazo de alegacións do procedemento para a clasificación como veciñais en man común dos montes Riba das Vellas e outros, da parroquia de San Martiño do concello do Grove, por un período de 15 días contados a partir do remate do prazo dun mes inicialmente aberto, acordo que se lles notifica a tódolos interesados no citado procedemento, significándose que non é susceptible de recurso.

Pontevedra, 22 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra