Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-01/122 e outro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 2 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción
InfrinxidoSancionador

PO-I-01/122Francisco Matalobos Tanoira, S.L.

San Xurxo de Vea

36680 A Estrada

Abandono dun vehículo na masa forestalArt. 137 e) do regulamento da LIFArt. 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.
PO-I-01/101Francisco Merchán García

Rúa Bárcena, 61-5º N

Vigo

Queima sen autorización e sen medidas de seguridadeArt. 138 c) do regulamento da LIFArt. 139 do regulamento da LIF50.001 ptas.