Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 1 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación das axudas á contratación en prácticas e para a innovación tecnolóxica do expediente administrativo FM 342C 2000/201-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación en prácticas e para innovación tecnolóxica da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342C 2000/201-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Fersal Aluminios, S.L.

Enderezo: entrada ponte Illa de Arousa, 36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 19 de setembro de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinado o expediente de axudas pola contratación en prácticas de traballadores, presentada por Fersal Aluminios, S.L. e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 19-5-2000 e estimada na Resolución do 10-4-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 550.000 pesetas pola contratación en prácticas de 1 traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Poder do representante para actuar en nome da entidade, inscrito no Rexistro Mercantil.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou o percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, corresponde a esta delegación provincial, en virtude do artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 10-4-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 550.000 pesetas pola contratación en prácticas de 1 traballador.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 19 de setembro de 2001. P.D. Delegado provincial. Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 1 de outubro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra