Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/205-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. Lourizán-Mollavao-Poio.

Situación: Pontevedra e Poio.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Lourizán ata finalizar nas seguintes liñas: 1-L.M.T. sub. Marín (210 m de lonxitude); 2-L.M.T., aérea, D/C, Mollavao (inmediacións Cocheras, de 2x360 m), L.M.T. subestación Mollavao-Sanxenxo (1.170 m), L.M.T., subestación Mollavao-Caeira-Ponte (1.170 m); 3-L.M.T., subestación Salvador Moreno (1.690 m); 4-L.M.T., sub. xeral Rubín (1.690 m); 5-L.M.T., sub. Pazo de Xustiza (1.690 m); 6-L.M.T., sub. Mollavao (1.690 m); 7-L.M.T., sub. recheo-Ancar (2.940 m). L.M.T., sub. a 20 kV, de 10 m de lonxitude, desde o c. seccionamento que se proxecta na Puntada ata o C.T. existente na Puntada, no concello de Poio. C. seccionamento con 3 liñas. Concellos de Pontevedra e Poio.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 17 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra