Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001 pola que se anuncia concurso de tramitación urxente, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na dirección facultativa da execución das obras para a realización da clausura dos labores mineiros antigos abandonados de Galicia. (Expediente 6/2001 DXI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 6/2001 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a realización dunha asistencia técnica consistente na dirección facultativa das obras de selaxe e clausura dos labores mineiros antigos abandonados da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto levarase a cabo con estricta suxeición o proxecto para a realización das obras de clausura dos labores mineiros antigos abandonados de Galicia, e aprobados pola Consellería de Industria e Comercio.

Prazo de execución: de acordo co artigo 198.2º do TRLCAP iniciarase coa execución do contrato de obras correspondente e excederá do prazo de duración do dito contrato no tempo necesario para a realización dos traballos relacionados coa liquidación deste.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.889.045 pesetas (53.424,24 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 177.781 pesetas (1.068,48 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP), mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19 a) e b) do citado texto refundido, mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato ou mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe,

datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Lugar de presentación:

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio