Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Udesa.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T., C.T.A. en Saamil.
Situación: O Pino.
Descricións técnicas: co fin de mellora-la seguridade e a calidade da subministración ós abonados do lugar de Saamil, concello do Pino, proxéctase unha L.M.T. a 10/20 kV de 923 m de lonxitude e un C.T. de 50 kVA, para 10/20 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 19 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña