Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (361/2001).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 361/2001, seguidos por instancia de Antonio Gerardo Rodríguez López e outra contra a empresa Panadería Panosa, S.L. e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia: en Lugo o dous de outubro do ano dous mil un. Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 361/2001 sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandantes, Antonio Gerardo Rodríguez López e María Sol López Pena, representados pola letrada Mª Teresa Souto Neira e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Panadería Panosa, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando substancialmente a demanda interposta por Antonio Gerardo Rodríguez López e María Sol López Neira, sobre cantidade, contra a empresa Panadería Panosa, S.L., debo condenar e condeno a citada patronal a lles aboar a cada un dos demandantes a suma bruta de cincocentas corenta e sete mil novecentas setenta e unha pesetas (547.971 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución, comúns a ambos demandantes, e mailo xuro legal do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acre

dite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69-nº de autos 361/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 361/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste

xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación: a anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Panadería Panosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, dous de outubro de dous mil un.

O secretario

Rubricado