Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (528/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 528/2001, seguidos pola instancia de Francisco Payo Guerra e outro contra Losas Iglesias Hermanos, S.L., sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 6-9-2001 coa seguinte parte dispositiva:

Que, estimando a demanda interposta por Francisco Payo Guerra e Francisco Payo Méndez contra a empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento dos actores, non sendo posible a readmisión deles nos seus postos de traballo, polo peche da empresa, debo declarar extinguida a relación laboral existente entre as partes, condenando a empresa demandada a que faga o pagamento ós actores polo concepto de indemnización nas seguintes cantidades: a Francisco Payo Méndez en 631.250 pesetas, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente resolución e a Francisco Payo Guerra na suma de 1.047.500 pesetas, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ó 16-6-2001.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-65; sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Losas Iglesias Hermanos, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Lg. Camiño Aserradeiro, 8, A Xira, Sigrás, Cambre, A Coruña, e que na actualidade se des

coñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado