Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (91/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 91/1998 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

En Padrón, 11 de xaneiro de 2001.

María Ángeles Lamas Méndez, xuíza de instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 91/1998, seguida por unha falta de lesións imprudentes contra Domingo Alejandro Costids da Silva e José Carlos Sánchez Dasilva, na que foron partes Ana María Romero Viturro en calidade de denunciante, e a compañía de seguros Gan como responsable civil directo.

Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Domingo Alejandro Costids da Silva e José Carlos Sánchez Dasilva con tódolos pronunciamentos legais favorables, con declaración das custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, pronúncio, mándoo e asínoo.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a súa resolución pola sudiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Domingo Alejandro Costids da Silva e José Carlos Sánchez Dasilva, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón, seis de outubro de dous mil un.

O secretario

Rubricado