Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito as seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de referencia: 2001-04-1938.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

O obxecto do contrato é a análise, deseño, desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento durante o ano seguinte a posta en funcionamento, dos servicios web da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (en adiante SXID) da Xunta de Galicia. O sitio web debe incorporar funcionalidades avanzadas de xestión e publicación de información de forma que permita:

Posiciona-la imaxe institucional da SXID na Internet.

Establecer un vínculo de comunicación efectivo entre a SXID e os potenciais beneficiarios das súas actuacións no marco do apoio á innovación e á investigación científica.

Para o desenvolvemento do sitio web da SXID cóntase co seguinte soporte:

Servidor web Internet Information Server 5.0 sobre Windows 2000 Server.

Servidor de correo Exchange 2000.

Sistema xestor de base de datos SQL Server 2000.

A SXID porá á disposición da empresa adxudicataria, para a realización dos traballos que poidan derivar deste concurso, toda a información e antecedentes que poidan resultar de interese.

b) Prazo de execución: os traballos realizaranse nas seguintes fases.

Fase I: análise e deseño gráfico.

Elaborarase un documento de especificacións que incluirá como mínimo a seguinte información:

Plan de traballo e cronograma de actividades.

Estructura do sitio web.

Análise de estructura de datos e funcionalidades das seccións dinámicas.

Bosquexos de deseño gráfico, interfaz de usuario, etc...

Contidos que se van incluír.

Este documento deberá ser aprobado necesariamente pola SXID para continuar co proxecto. Esta fase I deberá estar concluída o 31 de decembro do ano 2001.

Fase II: desenvolvemento e implantación.

Nesta fase realizarase o desenvolvemento e implantación progresiva dos diferentes módulos funcionais do sistema. A SXID determinará a prioridade de cada unha das diferentes seccións.

Deben estar operativas antes do 31 de xaneiro de 2002 a seccións correspondente á publicación e administración das convocatorias do PGIDT, así como o menú principal do sistema.

O tempo total para a realización desta fase é de 4 meses contados a partir da finalización da fase I.

Fase III: revisión:

Esta fase dedicarase a probas finais de funcionamento e rendemento, formación de usuarios e entrega da documentación completa e definitiva (especificacións funcionais, deseño técnico, manual de usuario...).

O tempo total para a realización desta fase é de 1 mes contado a partir da finalización da fase II.

Fase IV: mantemento e formación de usuarios.

Posteriormente á implantación do sistema e durante 1 ano, proporcionarase asistencia para o mantemento e configuración do sitema, así coma un servicio de mantemento perfectivo, preventivo e correctivo das aplicacións.

Así mesmo, proporcionaráselles un servicio de apoio ós usuarios que cubrirán as seguintes tarefas:

Atención ás incidencias.

Formación do persoal da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento encargado do mantemento de datos do sistema.

O tempo total para a realización desta fase é dun ano contado a partir da finalización da fase III.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado ascende a nove millóns (9.000.000) de pesetas (54.091,09 euros), cinco millóns (5.000.000) de pesetas ( 30.050,61 euros) corresponden á anualidade do ano 2001, tres millóns (3.000.000) de pesetas (18.030,36 euros) á anualidade do ano 2002 (fases II e III) e un millón (1.000.000) de pesetas (6.010,12 euros) á anualidade do ano 2003 (fase IV).

5. Garantía provisoria:

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación ascende a cento oitenta mil pesetas (180.000 pesetas).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Rúa dos Feáns, nº 7 15706 Santiago de Compostela, teléfonos: 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAPP.

9. Apertura das ofertas.

Realizarase o 30 de novembro de 2001, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe deste anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento