Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 23 de outubro de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se adxudican as axudas para a adquisición da infraestructura científica por parte de grupos de centros públicos de investigación agraria e non dependentes da Administración central correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas no anexo III da Orde do 6 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 1 de agosto).

A Orde do 6 de xullo de 2001 (DOG do 1 de agosto), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, prevé no seu anexo III a concesión de axudas para a adquisición de infraestructura científica por parte de grupos de centros públicos de investigación agraria non universitarios e non dependentes da Administración central.

A selección das solicitudes e a determinación da contía das axudas foi realizada pola comisión de selección segundo o establecido no punto 8 do anexo III da orde citada con anterioridade.

En consecuencia, e atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección en virtude das competencias atribuídas ás consellerías de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e da Presidencia e Administración Pública,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Informar favorablemente, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección, as solicitudes para a adquisición de infraestructura científica por parte de grupos de centros públicos de investigación agraria non universitarios e non dependentes da Administración central dos investigadores que se relacionan no anexo desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá a efectua-las oportunas retencións de crédito polos importes concedidos co obxecto de que por parte da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria se proceda a

unha ampliación de crédito segundo o previsto no artigo 64.1º g) da Lei 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia co fin de proceder á adquisición do equipamento correspondente.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida orde de convocatoria supoñerá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia consonte o establecido nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non estima-la interposición deste recurso,

poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo anta a Sala do Contencioso-Administativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 6-7-2001,P.D. (Orde 6-7-2001,

DOG do 1 de agosto)DOG do 1 de agosto)

Alejandro Martínez-GeijoMiguel Ángel Ríos Fernández

Nogueira-Soares Secretario xeral de Investigación

Director xeral dee Desenvolvemento

Desenvolvemento Rural

ANEXO

BeneficiarioOrganismoCódigo proxectoMaterialSubvención

pesetas

Gonzalo Flores CalveteCentro de Investigacións Agrarias de MabegondoPGIDT01AGR50301IFAnalizador de fluxo continuo para análise automática de mostras de forraxes14.500.000

Jesús Moreno GonzálezCentro de Investigacións Agrarias de MabegondoPGIDT01AGR50302IFSistema de análise automática xenética para fragmentos de ADN14.900.000

Lorenzo Montserrat BermejoCentro de Investigacións Agrarias de MabegondoPGIDT01AGR50303IFCromatógrafo para texturómetro12.400.000

Alberto Oliveira PrendesCentro de Investigacións Agrarias de MabegondoPGIDT01AGR50304IFUnidade de recolleita de cereais e pratenses14.000.000

Juan Piñeiro AndiónCentro de Investigacións Agrarias de MabegondoPGIDT01AGR50305IFUnidade de limpeza e clasificación de sementes de cereais e pratenses10.300.000

Importe total: 66.100.000 pesetas